Sociedad Deportiva Dubra Página Oficial - Sociedad Deportiva Dubra Official Website

O DUBRA B SÓ SUMA UN PUNTO DESPOIS DE DESAPROVEITAR GRANDES OCASIÓNS NO TEMPO ENGADIDO



SD DUBRA B: Juanjo, Donnici (Grille, min.45), Vázquez, Rubén, Casti, Víctor(c), Liñares, Chini (Julio, min.85), Yago, Dani (Julito, min.80) e Totti. Adestradores: Inglés e Sanchís.

 

PORTOMOURO CF: Diego, Simón (Bernabé, min. 60), Alberto, Gio, Rafa, Félix(c), Jorge (Andrés, min.55), Fernandiño (Sergio, min.78), Moli (Iván, min.87), Luís e Felipe (Mario, min.65). Adestradores: Martín e Josi.

 

Goles: 0-1. Luís (min.20), 0-2. Moli (min.30), 1-2. Totti (min.31), 2-2. Liñares, de falta (min.89)

 

Árbitro: Gonzalo Goyanes (Santiago). Expulsou con dobre amarela ó visitante Alberto no minuto 89.

 

Campo: A Tilleira, sobre 200 afeccionados.

 

Incidencias: partido correspondente á xornada 21 do grupo 5 da 2ª Autonómica entre dous equipos do Concello de Val do Dubra.

 

Bonito partido o que se puido presenciar este domingo na Tilleira. Un punto para cada equipo nun encontro no que houbo emoción ata o final. O Dubra B conseguiu neutralizar un 0 a 2 e despois acabou lamentando a falta de acerto diante da meta de Diego.

 

Comezou mellor o equipo da casa. Varias xogadas de ataque finalizadas por Totti serviron para poñer a proba a Diego. A resposta do Portomouro chegou no minuto 20. Un saque de banda de Rafa era prolongado por Alberto no primeiro pao e Luís, no segundo, facía o 0 a 1. Pouco despois, idéntica xogada e idéntico resultado. De novo un saque de banda de Rafa era finalizado esta vez por Moli. Lonxe de virse abaixo, os xogadores amarelos non tardaron en reaccionar. Foi sacar de centro e conseguir o empate. Un golpeo en longo de Donnici deixou só a Totti contra Diego, que conseguiu superalo na saída e marcou a porta vacía. Chegábase ó descanso co marcador de 1 a 2.

 

Dou comezo o segundo tempo e o Dubra B saíu decidido na busca do empate. Diego evitouno en varias ocasións. Vázquez viu como se lle anulaba un gol por un discutido fóra de xogo. Non foi ata o minuto 89 cando se establecería a igualada. Alberto comete falta ó borde da área e o árbitro móstralle a segunda amarela. Liñares encárgase do lanzamento e consegue o empate colocando o balón por riba da barreira. Nos minutos de desconto o Dubra B dispuxo de ocasións inmellorables para poder conseguir a victoria. Primeiro, unha dobre oportunidade. Un remate de cabeza de Totti foi despexado na liña de gol por Félix e, seguidamente, Grille cabeceou demasiado alto con Diego xa batido. A última xogada do partido tivo como protagonistas a Julio e a Julito. O primeiro puxo o centro e o segundo, a porta vacía, rematou de cabeza demasiado alto.

 

Finalmente reparto de puntos que fai que o Dubra B baixe un posto e que o Portomouro manteña a quinta praza.

Nesta etapa as actas do Dubra venen escrupulosamente redactadas e non deixan de apuntar ata o mínimo detalle. Proba diso é que se nombra a Doña Divina Landeira Cebey como señora de la limpieza por a módica cantidade de 500pts/mes. O entrenador é Lino Oreiro Bermúdez.

O traballo dentro do campo era repartido entre os distintos membros da Directiva para encargarse das portas, da cantina, ainda que máis tarde acórdase que a cantina fora levada por xente alle á Directiva, pero supervisada por esta mesma.

Nómbranse como presidentes de honor por todas as axudas a:

  • -Don Celestino Pais Puga *
  • -Don José Manuel Piñeiro Amigo *
  • -Don Manuel Fuente Araújo *
  • -Don Elodio de Encariaza Morde *
  • -Don Julio Alumnio Cernos *

A directiva xa planeaba pedir un préstamo a Caixa de Aforros por valor de 50.000 pts, préstamo que ó final foi levado a cabo a través de Benigno Oreiro Pensado ó mesmo interés que a Caixa de Aforros.

Nas primeiras entradas só se cobraba á voluntad, mentres que xa nos seguintes partidos os precios das entradas son:

Cabaleiros: 20 pts, Señoritas y Socios, 10 pts y niños 5 pts.

Algúns membros da directiva foron sendo sustituidos polas repetidas ausencias ou por marcharse ó extranxeiro.

 *Pode haber algún erro nos nomes debido ó initelixible da escritura das actas orixinais.

 

EQUIPO
CATEGORÍA
CLASIFICACIÓN NA LIGA
PARTIDOS DE LIGA
PUNTOS
CLASIFICACIÓN NA COPA
FASE DE ASCENSO
Benxamín
Benxamín Futbol 7
3º de 13
24
53


Alevín
1ªAutonómica Fútbol 7
2º de 8
14
32


Infantil
2ªAutonómica
3º de 14
26
67

campión promoción terceiros
Cadete
2ªAutonómica
6º de 6
10
5
1ª ronda

Xuvenil
1ªAutonómica
11º de 15
28
29
oitavos de final

Feminino
1ªAutonómica
9º de 14
26
32


Segundo
2ªAutonómica
7º de 18
34
48
semifinais

Primeiro
Preferente Autonómica
15º de 20
38
44


 

Los primeros lo hicieron en categoría benjamín, y los de Bembibre en alevín

TOURO J.I.

 

Equipo alevín de la SD Dubra, campeón del torneo de fútbol 7 de Touro
Equipo alevín de la SD Dubra, campeón del torneo de fútbol 7 de Touro

El pasado fin de semana se celebró el torneo de fútbol 7 Concello de Touro en las categorías benjamín (primera edición) y alevín (tercera), organizado por el departamento de Deportes con la colaboración de la SD Touro.

 

La competición fue seguida a lo largo de los dos días, sábado y domingo, por numeroso público, destacando el comportamiento de jugadores y aficionados.

En categoría benjamín resultó vencedor la EDA Arzúa, después de deshacerse en semifinales del San Mamed por 5-1 y ganar en la final al equipo local de la Sd Touro (5-1). En el partido por el tercer y cuarto puesto el San Mamed ganó 4-1 al Bodegón Arzúa.

En alevín, el campeonato se lo adjudicó el Dubra que se impuso en la final al San Mamed por 4-2. Ambos equipos accedieron tras vencer a Ordes (4-0) y Amio (3-1), equipos que pelearon por el tercer puesto final, cayendo del lado del Amio tras vencer 5-1.

Borja Gándara González, del Dubra, fue elegido mejor jugador alevín y José Souto Rial, del Touro, mejor benjamín.

 

fuente: Tierras de Santiago (Edición dixital)

 

 

BERTAMIRANS B - DUBRA BENXAMIN. 

Este mércores 9 de Xuño os nosos benxamins xogan o último partido desta temporada, no campo do Bertamiráns.

Os rapaces teñen asegurado un fantástico terceiro posto na táboa, xa que o seguinte clasificado, o Pontecesures, ten xornada de descanso.

O equipo fixo unha temporada impresionante, notándose unha progresión moi boa ó longo do ano.

Desde wwww.sddubra.com felicitamos ó equipo e o seu entrenador Luis que tan ben os soupo levar.

Esperemos que o ano que ven se podan repetir tan bós momentos e desexamos moita sorte ós rapaces que no 2010 -2011 se incorporen ó equipo alevín.

Moitas gracias a todos e que vexamos mañán un moi bó partido. E despois... a disfrutar do verán!!!

 

 

Patrocinadores



Powered by Netsoft