| 27 Abril 2010
Nesta etapa as actas do Dubra venen escrupulosamente redactadas e non deixan de apuntar ata o mínimo detalle. Proba diso é que se nombra a Doña Divina Landeira Cebey como señora de la limpieza por a módica cantidade de 500pts/mes. O entrenador é Lino Oreiro Bermúdez.
O traballo dentro do campo era repartido entre os distintos membros da Directiva para encargarse das portas, da cantina, ainda que máis tarde acórdase que a cantina fora levada por xente alle á Directiva, pero supervisada por esta mesma.
Nómbranse como presidentes de honor por todas as axudas a:
- -Don Celestino Pais Puga *
- -Don José Manuel Piñeiro Amigo *
- -Don Manuel Fuente Araújo *
- -Don Elodio de Encariaza Morde *
- -Don Julio Alumnio Cernos *
A directiva xa planeaba pedir un préstamo a Caixa de Aforros por valor de 50.000 pts, préstamo que ó final foi levado a cabo a través de Benigno Oreiro Pensado ó mesmo interés que a Caixa de Aforros.
Nas primeiras entradas só se cobraba á voluntad, mentres que xa nos seguintes partidos os precios das entradas son:
Cabaleiros: 20 pts, Señoritas y Socios, 10 pts y niños 5 pts.
Algúns membros da directiva foron sendo sustituidos polas repetidas ausencias ou por marcharse ó extranxeiro.
*Pode haber algún erro nos nomes debido ó initelixible da escritura das actas orixinais.












